Ciclo de Charlas sobre Saúde Mental en centros educativos

Albores está levando a cabo un ciclo de charlas sobre saúde mental nos colexios e institutos da zona sur de Lugo. O obxectivo das charlas é que os alumnos adquiran coñecementos básicos para previr problemas de saúde mental, detectalos e, no se caso, melloralos. As charlas están dirixidas a alumnos de 3º e 4º da ESO e son impartidas pola nosa compañeira Raquel López, psicóloga especializada en Intervención Social e Comunitaria. Os contidos tratados nas charlas son conceptos básicos de saúde e enfermidade mental, mitos e estigma sobre saúde mental, factores de risco e de protección, sinales de alerta e qué poden facer as persoas que teñen un problema de saúde mental.

Polo momento impartíronse 16 charlas en seis centros educativos dos concellos de Monforte de Lemos, Chantada, Quiroga e Lugo.