Facerte voluntario

Se tes interese en facer voluntariado en Albores Saúde Mental e:

  • Tes motivación cara á saúde mental e a participación na asociación.

  • Tes máis de 18 anos ou tes máis de 16 anos e autorización da nai, pai ou titor/a legal. Se tes menos de 18 años, no poderás ser voluntario en actividades destinadas a persoas con máis idade ca ti.

  • Tes dispoñibilidade dependendo do programa ao que te desexes incorporar. Hai programas nos que con dispoñer de 2 horas á semana é suficiente e outros nos que se necesitarán varias horas ao día dispoñibles dentro dun período de tempo.

  • Tes habilidades sociais básicas.

  • Non formas parte do usuariado da entidade.

  • Tes o Certificado de Delitos Sexuais non caso de facer voluntariado con persoas menores de idade.

Contacta connosco para que podamos informarte sobre as túas opcións e a que mellor se adapta ao teu caso.