Misión, visión e valores

A MISIÓN ou fin última da entidade consiste en “promover a recuperación integral das persoas con enfermidades mentais, así como mellorar a súa calidade de vida, a das súas familias e a do entorno” (Art. 3 dos Estatutos).

A VISIÓN que ten é a de ser a entidade de referencia, que vertebra o movemento social de defensa das persoas con enfermidade mental e das súas familias, e promove o desenvolvemento dunhas políticas públicas accesibles e de calidade no ámbito da saúde mental.

Os VALORES que guían a acción da Asociación son:

  • Compromiso coa saúde. É desexable que as persoas teñan un nivel de benestar social suficiente para poder desenvolver os seus proxectos de vida. Para conseguilo resulta imprescindible poñer, non só a saúde física senón tamén a mental no centro, dándolle a importancia que merece e non deixando a ningunha persoa sen acceso á atención da súa saúde.

  • Dignidade das persoas. Ser humano ten un valor inherente polo simple feito de selo, en tanto ser racional, dotado de liberdade. Non se trata dunha calidade outorgada, nin marcada por condicións coma o sexo, a raza, a etnia, a relixión, a discapacidade ou a saúde mental. Todas as persoas teñen dignidade e son merecedoras de respecto na mesma medida. Polo tanto, é un valor superior a defender, especialmente cando se fala de colectivos estigmatizados durante gran parte da historia da humanidade.

  • Inclusión e solidariedade. A diversidade non é un problema, senón unha oportunidade para o enriquecemento da sociedade. As diferenzas individuais enriquecen á sociedade a través da activa participación das persoas na vida familiar, na educación, no traballo e en todos os procesos sociais, políticos, económicos e culturais. Ao considerar a diversidade como un ben resulta máis sinxelo que as persoas da comunidade colaboren, funcionando coma un todo e actuando xuntas para conseguir obxectivos comúns, como son a erradicación da violencia ou as melloras sociais.

  • Xustiza/dereitos humanos. Son inherentes a todos os seres humanos, sen distinción algunha de raza, sexo, nacionalidade, orixe étnico, lingua, relixión ou calquera outra condición. Entre eles atópase o dereito á vida e á liberdade; a non estar sometido nin a escravitude nin a torturas; á liberdade de opinión e de expresión; á educación e ao traballo, entre outros. A entidade ten un forte compromiso coa Declaración Universal de Dereitos Humanos (1945) e coas normas que a desenvolven.

  • Igualdade de oportunidades con independencia do sexo e do xénero. A defensa dos dereitos humanos non é posible sen posicionarse claramente contra calquera discriminación por motivo de sexo, xénero ou orientación sexual.

  • Interrelación co entorno e respecto ao medioambiente.

  • Implica o fomento das relacións e os intercambios respectuosos, para construír unha comunicación positiva, crear vivencias compartidas e desenvolver proxectos conxuntos. As persoas e os grupos humanos necesítanse entre si e necesitan ao entorno natural no que viven. Só cando se pon na base das relacións o coidado das persoas e da natureza, se consegue unha vida de calidade e un futuro para as xeracións vindeiras.

  • Ademais, a partir de que se establece o Plan de calidade (2019), incorpóranse os valores da Norma “ONG Con Calidad”.