A nosa historia

A Asociación Albores Saúde Mental posúe dous Centros de Rehabilitación Psicosocial e Laboral (CRPL) e un Piso Protexido para persoas con enfermedad mental grave, concertados co Servizo Galego de Saúde (Sergas), así como diversos programas de intervención dedicados ao colectivo de persoas con enfermidade mental, ás súas familias e a comunidade, co financiados por entidades públicas e privadas.

A dilatada traxectoria da Asociación comeza en 1999, ano no que xurde a coa idea de defender os dereitos e intereses das persoas con enfermidade mental e das súas familias, nos 12 concellos que se circunscriben no Distrito Sanitario Sur da provincia de Lugo, que se estenden ao longo de 1.835 km² e aglutinan a 47.082 habitantes (INE, 2023) da provincia e se agrupan nas comarcas da Terra de Lemos, Chantada e Quiroga: Bóveda, Carballedo, Chantada, Monforte de Lemos, Sober, O Saviñao, Pantón, A Pobra do Brollón, Ribas de Sil, Quiroga, Folgoso do Courel e Taboada.

No ano 2001, Albores abre e concerta os primeiros dispositivos para persoas con enfermidade mental, da zona sanitaria sur da provincia: Un CRPL e un piso protexido, que se situaron na localidade de Monforte de Lemos, coa finalidade de atender as necesidades de rehabilitación psicosocial da poboación da zona de influencia do Hospital de Monforte de Lemos. O CRPL, de 25 prazas, permitiría recuperar as habilidades e destrezas minguadas polo proceso de deterioro da enfermidade mental. O piso, de 4 prazas, cubriría as necesidades de vivenda de aqueles homes que presentasen enfermidade mental crónica e mantivesen certo nivel de autonomía.

A elevada demanda de prazas do CRPL de Monforte, a dispersión da poboación nos espazos que cubría o centro e a amplitude territorial da zona de influencia fixeron que se valorase a posibilidade de apertura dun novo CRPL no Concello de Chantada, con 15 prazas, que finalmente foi inaugurado e concertado co Sergas no ano 2010.