Xoves de Compadres 2023

¡Arranca o Entroido en Monforte! Un ano máis quixemos participar cos nosos compadres, elaborados polo usuariado e equipo técnico de Albores Saúde Mental. O tema diste ano, “Se queres construir, constrúe”, é un guiño que aproveitamos para pedir construccións importantes para a nosa cidade, como son un carril bici, uns baños públicos, unha muralla ou unha zona vella.

Todos os compadres queimaronse o xoves 9 de febreiro ás 17:30.