Xa están aquí as fotografías gañadoras da IV Edición do Certame Fotoxénica-Mente! Xunto cos tres primeiros premios, as 10 fotografías máis votadas formarán parte da Exposición Fotoxénica-Mente.
O tema deste ano foi “Saúde Mental. Polo dereito para crecer en benestar”. O xurado estivo composto por dous integrantes da Xunta Directiva, dous membros do persoal técnico de Albores, un xornalista máis unha fotógrafa. Ademais, un dos votos obtívose do usuariado de Albores e outro de Facebook.
Agradecemos moito a todas as persoas participantes, ao noso xurado, e a todas as persoas que fan posible que se poida seguir realizando este concurso ano tras ano.

1º Premio: Construíndo benestar de Sonia González López

3º Premio: A ilusión de Susana Lorenzo Vázquez

5º Premio: El enorme muro de David Escalera Bolinches

7º Premio: Inmensidade de Susana Lorenzo Vázquez

9º Premio: Quiero salir de Josep Montagud Castells

10º Premio: Hacia la luz de Ana María Climent Moscardó

2º Premio: Crecendo con valores de Iago Manoel Souto Lorenzo

4º: Premio: Bambáns quedos de Óscar Santos Vázquez

6º Premio: A chama interior de Óscar Santos Vázquez

8º Premio: O quebrazabezas de Marta Sueiro Gil