Participación no I Foro de Emprego Ribeira Sacra

A Asociación Albores participa no I Foro de Emprego Ribeira Sacra, achegando unha visión centrada na importancia de construír territorios socialmente responsables e de aproveitar todo o talento existente no noso entorno.

Intervimos na segunda mesa, onde compartiremos claves e experiencias sobre como favorecer a integración laboral das persoas con trastorno mental. O noso obxectivo é explicar, de maneira práctica e inspiradora, como as empresas e as institucións poden incorporar este talento diverso, evitando o desperdicio de capital humano e contribuíndo á creación de contornos laborais máis inclusivos, innovadores e humanos.

Falaremos de:

  • estratexias de acompañamento e apoio no emprego,
  • adaptacións sinxelas que favorecen o rendemento e o benestar,
  • beneficios para as empresas e para o territorio,
  • e modelos que funcionan na inclusión sociolaboral.

A participación de Albores nesta iniciativa está cofinanciada pola Fundación “la Caixa”, que apoia proxectos orientados á empregabilidade, á inclusión e á saúde mental.

Con la colaboración de Fundación la Caixa
Con la colaboración de Fundación la Caixa