O teu tempo

Asociación ALBORES SAÚDE MENTAL e a A.F.E.M. MOREA, unidas en agrupación sen persoalidade xurídica para: Mitigar as dificultades e favorecer a saúde das persoas coidadoras, facilitando momentos de descanso temporais ás familia. Lograr a permanencia da persoa afectada e a súa familia no seu entorno, cunha calidade de vida digna e un clima familiar adecuado. Establecer programas que promovan servizos de respiro, apoio e descanso para quen coida das persoas con discapacidade.
  1. Evitar a soidade non desexada.
  2. Evitar os procesos de desintegración familiar.
  3. Favorecer o benestar percibido das e dos familiares, coidadoras e coidadores, e persoas con TMG.
  4. Atender as necesidades derivadas de situacións de emerxencia.

Este programas conta co financiamento da Consellería de Política Social e Xuventude, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda. 

Logo Consellería de Política Social Xunta de Galicia