Apoio Saúde Mental

Fundación GAVELA, Asociación ALBORES Saúde Mental e A.F.E.M. MOREA unidas en agrupación sen personalidade xurídica para:

Fundación GAVELA, Asociación ALBORES Saúde Mental e A.F.E.M. MOREA unidas en agrupación sen personalidade xurídica para: Aplicar os apoios no exercicio da capacidade xurídica que deciden os xulgados para persoas con enfermidade mental que así o necesiten, centrado nas máximas da nova lei 8/2021, do 3 de Xuño, para o apoio de persoas con discapacidade no exercicio da súa capacidade xurídica. Ofrecer unha atención personalizada e centrada na persoa. Favorecer o respecto da súa vontade para a toma de decisións. Mellorar a autonomía para a mellora da súa calidade de vida.

OBXECTIVOS:

  1. Mellorar a calidade de vida das persoas beneficiarias, proporcionándolles as medidas de apoio para o exercicio da súa capacidade xurídica.
  2. Potenciar a autonomía e o dereito de autodeterminación a través dos apoios decretados xudicialmente para participar de forma activa na sociedade.
  3. Coordinarse de forma fluída con outros servizos (xudiciais, sociais, sanitarios, administrativos).
  4. Informar, orientar e asesorar sobre os procedementos de provisión de apoios a calquera que o solicite de maneira personalizada.

Este programas conta co financiamento da Consellería de Política Social e Xuventude, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda. 

Logo Consellería de Política Social Xunta de Galicia