Día Mundial da Saúde Mental 2023

Este ano 2023 conmemoramos o Día Mundial da Saúde Mental cun acto moi especial no Bar Awa.

Alí inaugurouse a VI Exposición Fotoxénica-Mente, que permanecerá neste establecemento durante un tempo, así que non dubidedes en ir vela. A nosa presidenta Delia fixo entrega dos diplomas ás gañadoras do ano pasado e convocou a VII Edición do Certame, todo despois de ler o manifesto. Para pechar o acto, compartimos uns petiscos e gozamos do incrible concerto de Mino Antonioni.

Moitas grazas a Awa pola súa xenerosidade ao deixarnos o seu local, a vosa colaboración foi por encima do que calquera podería pedir, a Mino por amenizar o acto co seu talento e a todas as persoas que viñeron compartir connosco un día tan especial.

Dentro da celebración do 10 de outubro, tamén realizamos unha campaña en redes sociais difundindo mensaxes en vídeo gravados por personaxes famosos, como o humorista J.J. Vaquero, músicos como Carlangas, Pili Pampín ou Susana Seivane, a deseñadora Elena Ferro, o escritor Xabier Quiroga ou actores como Clara Lago, Federico Pérez, David Amor ou Javier Varela ou o bailarín Fran Sieira. Podedes vela no noso Instagram.