Convocado o VII Certame de Fotografía Fotoxénica-Mente

Xa esta aberto o prazo para presentarse ao VII Certame Fotoxénica-Mente!

Como todos os anos polo Día Mundial da Saúde Mental convocamos o Certame de Fotografía Fotoxénicamente, que ten como obxectivo loitar contra os mitos e estereotipos que impiden que as persoas con enfermidade mental fomentando a reflexión na sociedade. O tema escollido para este ano, en consonancia coa OMS e outras organizacións da saúde mental, é “A saúde mental como dereito universal. #ATúaMenteImporta”. Porque todo o mundo ten dereito a recibir unha atención á saúde mental de calidade, accesible e igualitaria. A nosa mente importa e todos temos dereito a coidala.

Aquí comentámosvos máis información sobre a presentación, as características das fotos e os premios. Se queredes consultar as bases do concurso podédelas atopar no noso Facebook.