Xornada Novo Marco Normativo da Discapacidade

O luns 31 de xaneiro de 2022 ás 16:30, Albores Saúde Mental organizou unha xornada informativa sobre a nova lexislación sobre discapacidade. Nesta xornada participaron especialistas de distintos ámbitos relacionados coa atención ás discapacidades e coa resposta xudicial ante este tipo de casos. Falouse da modificación da normativa que suprime as incapacitacións e a tutela e as sustitúe polos apoios que sexan necesarios para o desenvolvemento pleno da personalidade.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/monforte-de-lemos/2022/01/28/albores-reune-monforte-profesionales-justicia-debatir-proteccion-personas-discapacidad/00031643362127928848775.htm