A Fundación “La Caixa” escolleu o programa “Programa Tu Empleo”, de Albores Saúde Mental, como un dos seis programas de Inserción Sociolaboral que financiará este ano. O programa foi elixido pola súa elevada calidade técnica, destacable por estar ao mesmo nivel que os proxectos de organizacións con implantación territorial moito máis ampla e, en consecuencia, estruturas organizativas máis grandes.
Para poder participar no programa os requisitos son: Estar en situación de desemprego ou de mellora de emprego, ter diagnosticado calquera tipo de trastorno mental (depresión, ansiedade, esquizofrenia…) e residir nalgunha das localidades seguintes: Bóveda, Carballedo, Chantada, Folgoso do Courel, Pantón, A Pobra do Brollón, Ribas de Sil, Quiroga, Monforte de Lemos, Sober ou O Saviñao.