Xa temos as fotografías gañadoras da V Edición do Certame Fotoxénica-Mente! Xunto cos tres primeiros premios, as 10 fotografías máis votadas formarán parte da Exposición Fotoxénica-Mente.
O tema deste ano foi “Os resilientes da pandemia”. Agradecemos moito a todas as persoas participantes, ao noso xurado, e a todas as persoas que fan posible que se poida seguir realizando este concurso ano tras ano.

1º Premio: Como tú de María Pilar Chaos Rodríguez
“Refleja la capacidad de asumir situaciones límite y sobreponerse a ellas. Superación, lucha, esfuerzo”.

3º Premio: Espiñas para alcanzar os pétalos de Óscar Santos Vázquez
“Aprender que sempre hai situacións adversas que nos van facer frear, unhas veces son confinamentos obrigatorios que case fan do noso fogar un cárcere, e outras, confinamentos mentais autoimpostos sen unha porta na que poidas xirar unha chave e volver ser libre. Todas elas, axenas a nós. Superar estas adversidades fainos medrar, pero aprender delas e facernos máis fortes, é unha arte. Esas espiñas na raíz son os chanzos da escaleira da vida para chegar a florecer”.

Finalista: Amor resiliente de Óscar Emilio Barrera Tévar
“El amor lo puede todo. Ante cualquier situación”.

Finalista: Un lugar onde respirar de Iago Manoel Souto Lorenzo
“Todas as persoas temos un lugar especial ao que acudir cando precisamos aclarar a nosa mente. Nese lugar sentímonos seguras e nel todo está ben. Alí, as nosas preocupacións desvanécense no aire”.

Finalista: Un soño de Óscar Santos Vazquez
“Pechar os ollos cando a vida é un mal soño e transportarte ao teu mellor soño. A ise lugar favorito, facendo o que máis che gusta e con quen queres. Verte a ti mesmo noutra época, dende lonxe, quizáis sin nitidez pero con perspectiva, porque o importante é volver sentir aquela sensación. Darte un respiro para seguir avanzando. E nun futuro, volvelos cerrar para recordarte agora nese mal momento que tanto che costou superar, pelexando contra as adversidades e vencéndoas, para seguir pa diante máis forte aínda. Pois agora ves que a vida parecen montañas pero en realidade son ises pequenos moricos de area e que ti medraches tanto pasiño a pasiño que pareces un xigante ao seu carón”.

2º Premio: Soga e vida de Juan Rodríguez Bas
“A vida é unha liña recta que co paso do tempo enrédase de forma orgánica polo noso corpo ata chegar a unha mímese. Non é un límite, é unha aprendizaxe”.

Finalista: Gravado de Juan Rodríguez Bas
“Terra que cuartea, recordos que se evaporan como a humidade do terreo. Contratempos na corda da vida que tatúanse na pel. Pandemia, Corpos de Lewy. Loita”.

Finalista: Nuevos apegos de Mar López Sotelo
“Los animales de compañía fueron los grandes aliados que permitieron mantener el equilibrio emocional de las personas mayores durante las largas jornadas de soledad, aislamiento y ausencia de muestras de cariño, como abrazos y besos”.

Finalista: Siente de María del Pilar Chaos Rodríguez
“Una manera de afrontar la adversidad y salir fortalecido es SENTIR la música, ya que potencia la felicidad y la evasión de los problemas”.

Finalista: Salvando distancias de Mar López Sotelo
“Gracias a las nuevas tecnologías y en especial las videollamadas, durante la pandemia, facilitaron que las personas mayores pudieran mantener el apego con sus seres queridos, a pesar del aislamiento y la distancia”.