
Albores Saúde Mental renova o programa RedeMente, unha iniciativa dirixida a mulleres con enfermidade mental residentes nos 11 concellos do distrito sur de Lugo.
O programa desenvolve unha atención integral con perspectiva de xénero e enfoque interseccional, a través dun equipo multidisciplinar formado por profesionais de Psicoloxía, Traballo Social, Educación Social e Asesoramento Xurídico.
O seu obxectivo é mellorar as competencias persoais, sociais e laborais das mulleres participantes, contribuíndo á compensación das desigualdades existentes respecto dos homes e favorecendo o seu proceso de integración social, persoal e laboral.
Nesta edición, o programa conta con 11 prazas e desenvolverase entre o 1 de setembro de 2025 e o 31 de agosto de 2026.
As accións que compoñen o programa inclúen:
- Servizos de información e orientación sobre recursos de atención, orientación e asesoramento persoal e social, así como apoio indirecto nas relacións con outras entidades, organismos e servizos que faciliten o proceso de integración social das persoas usuarias.
- Servizo de atención psicolóxica.
- Servizo de asesoramento xurídico.
- Servizo de mediación familiar.
- Actividades para a adquisición de habilidades persoais e sociais básicas e de competencias para a mellora da empregabilidade.
- Servizos ou medidas de orientación laboral e de acompañamento na busca de emprego, intermediación e titorización laboral e profesional.
