Contigo

Asociación ALBORES SAÚDE MENTAL e a A.F.E.M. MOREA, unidas en agrupación sen persoalidade xurídica para:

Contribuir ás prioridades sectoriais da Estratexia de Inclusión Social de Galicia (EISG) que no obxectivo 3º recolle “Impulsar equipamentos sociosanitairos de transición dirixidos a capacitar ás persoas con problemas de saúde mental para a vida autónoma”. O programa vai dirixido a persoas con perda de autonomía e independencia nas actividades persoais, familiares e/ou sociais, como consecuencia de presentar enfermidade mental grave.

OBXECTIVOS:

  1. Involucrar á persoa con enfermidade mental no seu propio proceso de recuperación.
  2. Incrementa e/ou manter a autonomía persoal no domicilio e coa unidade de convivencia.
  3. Facilitar a descarga dos coidados das demáis persoas da unidade de convivencia.
  4. Potenciar o coñecemento e a utilización activa dos recursos comunitarios.
  5. Promover o coñecemento do programa na contorna comunitaria para difundir o servizo e establecer canles de colaboración.

Este programas conta co financiamento da Consellería de Política Social e Xuventude, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda. 

Logo Consellería de Política Social Xunta de Galicia