Facendo Familia

A.F.E.M. MOREA e Asociación ALBORES Saúde Mental únense en agrupación sen personalidade xurídica para: Dotar a coidadoras e coidadores dos recursos necesarios para convivir coa enfermidade mental a través dun programa sistematizado de orientación, mediación e intervención familiar, capacitación e axuda mutua. Dar a coñecer en que consiste a enfermidade e como favorecer o seu tratamento. Reducindo e eliminando os sentimentos de culpa e a estigmatización persoal e social asociados. Evitando a adquisición de malos hábitos e estimulando a boa relación familiar, social e persoal.

OBXECTIVOS:

  1. Mellorar a convivencia familiar.
  2. Incrementar o coñecemento sobre a enfermidade.
  3. Desenvolver habilidades sociais de convivencia (estratexias de resolución de problemas, mellora das habilidade de comunicación…)
  4. Diminuir a carga das persoas coidadoras (habitualmente nai, cónxuxe ou irmá).
  5. Evitar as recaídas da PEM.
  6. Favorecer o incremento da rede social familiar

Este programas conta co financiamento da Consellería de Política Social e Xuventude, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda. 

Logo Consellería de Política Social Xunta de Galicia