Visita de Mayttet

Hoxe en Albores tivemos a sorte de contar coa visita de Mayttet!

Mayte compartiu connosco a súa experiencia convivindo con cinco enfermidades crónicas (sensibilidade química múltiple, fibromialxia, encefalomielitis miálxica, electrohipersensibilidade e intolerancia á fructosa-sorbitol), así como a súa traxectoria como escritora e blogueira. O seu libro, “Mis 2 yos”, está escrito en forma de diario onde conta o seu día a día mostrando un exemplo extraordinario de esforzo e superación. Tamén tivemos a oportunidade de facer un exercicio práctico moi interesante escribindo unha entrada dun diario.

Moitas grazas por darnos este exemplo de fortaleza, concienciarnos sobre as enfermidades crónicas e mostrarnos a importancia do coidado da saúde mental nas enfermidades físicas. Vémonos moi pronto!