Servizo de Comedor e Xantar a Domicilio

O comedor social cubre a necesidade básica da alimentación ás persoas con enfermidade mental, ademais de constituír un lugar de encontro e socialización. Ofrécese no centro de Albores e conta tamén cun servizo de “xantar a domicilio”. O servizo de comedor trata de combater a pobreza das familias que contan entre os seus membros con algunha persoa con enfermidade mental, que a miúdo perden os seus postos de traballo e atópanse con barreiras importantes ao intentar reemprender a súa vida laboral, como consecuencia do estigma e os prexuízos sociais.

O servicio de comedor cumpre varias funcións comúns ao colectivo. En primeiro lugar, suple a falta de autonomía dun colectivo que presenta comoribilidade con problemas de colesterol e diabetes. Tamén proporciona un tempo de respiro ás coidadoras non profesionais, para a conciliación. E, por último, reduce os gastos nas unidades de convivencia, que normalmente dispoñen de recursos escasos.