
Está formado por actividades de información e sensibilización para a poboación xeral dirixidas a previr e detectar a enfermidade mental, así como mitigar o estigma que impide a integración social plena. Desde que en 2017 a Asociación Albores Saúde Mental modificase o seu programa de Proxección Externa, estanse a realizar campañas dirixidas a toda a poboación con carácter de continuidad. Trátase de permanecer lonxitudinalmente no tempo, máis que realizar actividades puntuais. O obxectivo é informar, sensibilizar e promover a saúde mental, así como eliminar as barreiras que o estigma impoñe ás persoas con estas doencias e as súas familias.
Dentro de este programa destaca o Certame de Fotografía Fotoxénica-Mente, un concurso de fotografía convocado a nivel nacional cada ano por Albores con motivo do Día Mundial da Saúde Mental. O obxectivo desde certame é é provocar unha reflexión na sociedade coa finalidade de atenuar os mitos e estereotipos que impiden que as persoas con enfermidade mental consigan unha inclusión social plena en todos os ámbitos, centrándose cada ano nun tema relacionado coa saúde mental. Ademais, coas fotografías gañadoras realízase una exposición itinerante pola zona xeográfica de actuación.