Día Mundial da Terapia Ocupacional

Hoxe é o Día Mundial da Terapia Ocupacional, e por iso, queremos falarvos sobre esta interesante profesión que constitúe unha das áreas de traballo da nosa entidade. A Terapia Ocupacional é unha disciplina sociosanitaria que se enfoca en axudar ás persoas para desenvolver, mellorar e manter as habilidades necesarias para levar a cabo as actividades diarias que son importantes para o seu benestar e o mantemento da súa saúde integral. Nosa terapeuta ocupacional, Tania, realiza distintas funcións cos usuarios de Albores, entre as que destaca o adestramento en actividades da vida diaria, a rehabilitación cognitiva e, en xeral, a intervención sobre a persoa e a súa contorna para lograr unha maior integración, saúde e calidade de vida. Moitas grazas a Tania e a todas as persoas que se dedican á Terapia Ocupacional por un labor tan importante e necesaria 💙