Albores pone en marcha un ciclo de charlas sobre saúde mental en centros educativos do sur de Lugo

A Asociación Albores porá en marcha un ciclo de charlas sobre saúde mental nos institutos da zona sur de Lugo. O obxectivo é que alumnado e profesorado adquiran coñecementos básicos para previr posibles casos de trastornos de saúde mental.

A encargada de impartir estas formacións é a psicóloga especializada en Intervención Social Raquel López González e estarán financiadas polo Programa de Cooperación da Xunta para a abordaxe da exclusión social das personas con enfermidades mentais.