
Albores Saúde Mental conta con dous centros de atención especializada para persoas con enfermidade mental grave no camiño cara a recuperación. Os dous centros contan cun total de 40 prazas concertadas co Servicio Galego de Saúde (Sergas) e están ubicados en Monforte de Lemos e en Chantada. As áreas que se traballan nestes centros son as seguintes:
- Rehabilitación cognitiva: Os trastornos cognitivos son uns dos síntomas principais da enfermidade mental grave. Son característicos dos problemas de atención, aprendizaxe e procesamento da información, memoria, capacidade de razonamento e planificación. A través deste programa preténdese paliar os déficits cognitivos das persoas con deterioro cognitivo moderado ou severo.
- Actividades da vida diaria: Preténdese potenciar habilidades autocoidado, aseo, hábitos de alimentación, eliminación de hábitos nocivos, etc. En definitiva, as actividades diarias de autocoidado, así como as habilidades para o manexo autónomo da comunidade (mantemento da vivenda, manexo de diñeiro, preparación de alimentos, uso de transportes, coñecemento e acceso a servizos comunitarios).
- Rehabilitación laboral: Ten como finalidade facilitar a incorporación sociolaboral mediante a mellora da empregabilidade e o mantemento do emprego. Trátase de motivar á persoa para a súa incorporación ao mercado laboral, desenvolver as habilidades prelaborais previas e necesarias, adquirir coñecementos educativos básicos, desenvolver habilidades para a planificación dun proxecto de vida futuro, desenvolver a confianza nas propias capacidades e aptitudes e habilidades para a resolución de conflictos interpersoais.
- Xestión emocional: O obxectivo é mellorar a capacidade para percibir, asimilar, comprender e regular as emocións propias dos outros, tendo en conta a súa función adaptativa, social e motivacional.
- Intervención familiar: O obxectivo é facilitar un ambiente familiar que sustente a permanencia da persoa usuaria na comunidade, favorecendo o máximo de integración posible. Trabállase fundamentalmente ca unidade familiar, nas sesións pode participar a persoa usuaria ou non. Tamén se contempla a posibilidade de metodoloxía grupal multifamiliar.
- Habilidades sociais: Está dirixido a potenciar as habilidades de comunicación e as competencias sociais. Os problemas de illamento, inhibición verbal e a inadecuación nas pautas de comunicación diminúen a calidade de vida das persoas con enfermidade mental grave provocando unha situación de soidade e interferindo no funcionamento laboral, familiar e social.
- Ocio e participación comunitaria: O fin é promover a utilización do ocio como instrumento normalizador e facilitador da integración social, orientado a desenvolver habilidades persoais, sociais e culturais, o crecemento persoal a culturización e a socialización. Neste programa inclúese o taller de ciudadanía que tiene como finalidade a promoción da inclusión a través da adquisición e reforzo dos valores do Estado social e democráticos, fundamentais para a boa convivencia e cohesión social para o exercicio dunha ciudadanía plena.
- Psicoeducación e prevención de recaídas: O fin deste programa é incrementar os coñecementos e actitudes do usuariado sobre a súa enfermidade e sobre o seguemento das prescripcións médicas, potenciando a súa adherencia e autonomía.