
Na Asociación Albores Saúde Mental seguimos avanzando cara a unha sociedade máis xusta e igualitaria. No marco da convocatoria do 0,7% do IRPF, desenvolvemos o programa “IGUAIS”, centrado no empoderamento e na participación activa das mulleres con enfermidade mental.
📅 Período de execución: do 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2025
Este programa nace para dar resposta ás desigualdades específicas que viven as mulleres con problemas de saúde mental, especialmente aquelas relacionadas co estigma, a violencia de xénero ou as dificultades para participar plenamente na vida social.

A través de itinerarios personalizados, o programa ofrece:
- Información e orientación sobre recursos e dereitos
- Atención psicolóxica especializada
- Formación en habilidades persoais e sociais
- Acompañamento e mediación social
- Asesoramento xurídico
O enfoque baséase no empoderamento: apoiar ás mulleres para que recuperen a confianza, reforcen a súa autonomía e constrúan o seu propio proxecto de vida. Ademais, promóvese a súa participación activa na comunidade, favorecendo que se convertan en referentes e axentes de cambio.
O programa desenvólvesse entre Monforte de Lemos e Chantada. Os resultados acadados en anos anteriores amosan unha mellora significativa no acceso a recursos, no benestar emocional e nas competencias persoais e sociais.
Dende Albores destacamos que o empoderamento das mulleres é clave para avanzar na igualdade real, especialmente en contextos onde se suman factores de vulnerabilidade como a saúde mental e o ámbito rural.
Se tés calquera diagnóstico de enfermidade mental e hai algunha área das mencionadas arriba na que precises axuda, ponte en contacto con nós. O equipo estará formado por Psicóloga, Traballadora social, Terapeuta ocupacional e Asesora xurídica.
Financiamento:
Programa subvencionado ao abeiro da Orde do 11 de setembro de 2024 pola que se regulan as subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF e do Imposto de Sociedades, promovida pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Igualdade.