
Este programa ten como obxectivo mellorar o estado de saúde das persoas con enfermidade mental mediante a creación de territorios responsables co dereito á saúde e actividades de promoción dun estilo de vida san, como o deporte e as alternativas de lecer saudable, como é o caso desta excursión. Tamén inclúe formación en actividades da vida diaria de autocuidado da saúde e apoio ás familias.
As persoas con enfermidade mental grave teñen unha maior tendencia ao desenvolvemento de enfermidades físicas e unha maior taxa de mortalidade que o resto da poboación, debido a factores como os propios síntomas da enfermidade mental, os efectos secundarios dos tratamentos ou o estigma. Este tipo de doenza adóitanse pasar por alto pola familia e o persoal médico, ao atribuír as queixar á propia enfermidade mental. Ademais, a poboación non percibe da mesma forma estas doenzas ao atribuír certo grao de responsabilidade do seu xurdimento á persoa con enfermidade mental.
Por iso é importante atender a estes aspectos, promover uns hábitos de vida saudables nesta poboación e contribuír ao desenvolvemento de territorios responsables e sensibilizados con esta realidade, minimizando o estigma e construíndo unha rede de apoio sólida.