Hoxe colaboramos con Altia no marco do noso Programa de Prevención e Abordaxe da Exclusión Social das Persoas con Enfermidades Mentais, financiado polo Ministerio de Traballo e Economía Social e pola Consellería de Promoción doEmprego e Igualdade. Xa colaboraramos anteriormente con esta entidade para a creación dos nosos Puntos Tech, que foron posibles grazas á súa doazón de material informático. Esta vez, impartimos unha charla en liña ao persoal da empresa, dirixida a mitigar o estigma e previr os problemas de saúde mental. Nela tratáronse conceptos básicos de saúde mental, sinais que nos poden indicar que podemos ter algún problema e onde acudir de ser así. Moitas grazas a Altia por contar con Albores e por fomentar estas iniciativas que coidan a saúde mental das persoas traballadoras!
