Albores Saúde Mental traballa no fomento da responsabilidade social das empresas e na creación de territorios responsables. Establecendo obxectivos comúns e traballando na creación e mantemento de relacións de confianza, tanto coas empresas como cos axentes sociais e políticos. As redes persoais de contactos son unha das principais fontes de ofertas de traballo e nas persoas con enfermidade mental, o estigma fainas desaparecer. Por este motivo, a creación de redes é parte fundamental da nosa metodoloxía, converténdose nunha fonte de contratos e prácticas laborais. Esta medida produce melloras no ámbito relacional-comunitario cobrando especial relevancia o incremento de ofertas de emprego e prácticas dirixidos ao usuariado desta entidade.
Se es unha empresa e tes interese en colaborar con Albores Saúde Mental, non dubides en contactar connosco.