Poderán ser membros da Asociación tódalas persoas maiores de idade e con capacidade de obrar que teñan interese, se identifiquen coa fin e obxectivos da asociación e reúnan as condicións sinaladas nos Estatutos e, que habendo solicitado a admisión mediante o procedemento regulamentario, sexan aceptadas pola Xunta Directiva. Tamén poderán ser membros da Asociación as persoas xurídicas que reúnan estes requisitos.
Para máis información sobre os requisitos e o procedemento de asociación consulta o Artigo 7 dos nosos Estatutos e contacta connosco se estás interesado en ser membro da Asociación.