Gañadores do IV Certame Fotoxénica-Mente

Presentámosvos as tres gañadoras e as finalistas do IV Certame Fotoxénica-Mente! O tema deste ano foi «Saúde Mental e Benestar». Agradecemos moito a todas as persoas participantes, ao noso xurado, e a todas as persoas que fan posible que se poida seguir realizando este concurso ano tras ano.

1º Premio: Fluir de María Pilar Chaos Rodríguez

“Representa a una persona alegre, generosa, sociable, pero no quiere que nadie descubra sus pensamientos. No la juzgues… Necesita tu apoyo”.

3º Premio: Autoestimas en risco de extinción de Ana Fernández Varela

“Detrás dunha pantalla hai unha industria de inseguridades que as pantasmas constrúen”.

Finalista: Alcanzando las nubes de María Del Pilar Chaos Rodríguez

“Representa el esfuerzo, si te lo propones no hay nada imposible”.

Finalista: Plena calma de María Eugenia Requeijo Chao

“A felicidade e a tranquilidade veñen sen avisar. Os mellores momentos xorden cando menos se esperan”.

Finalista: Detonación da saúde mental de Ana Fernández Varela

“Todo que sucede ao noso redor aféctanos, e pesa, ata un punto no que acabas estoupando”.

2º Premio: Un novo amanecer de Iago Manoel Souto Lorenzo

“Cada día que comeza é unha nova oportunidade para conseguir ver as cousas doutro xeito e descubrir novas cores que enchan de alegría a nosa vida e a das persoas que nos rodean”.

Finalista: Estímulo natural de María Eugenia Requeijo Chao

“Ver paisaxes naturais ou vivir no rural favorece a recuperación despois dunha mala época”.

Finalista: Volver a volar de Oscar Emilio Barrera Tevar

“En esta época difícil que nos toca vivir, el bienestar emocional y la salud mental se ven fuertemente afectadas. Volver a volar es la metáfora que he usado para reflejar, mediante una imagen, que cada día que pasa supone un día menos para alcanzar la ansiada y saludable normalidad”.

Finalista: Que los baches no te detengan de Alberto Dapena Rodríguez

“Esta fotografía a relaciono co concepto de que a pesar das dificultades algunhas máis grandes que outras (que neste caso os charcos de auga desenvolven este papel de que non todo é un camiño recto e seguro), non podemos pararnos, temos que avanzar e superar todos eses obstáculos que nos complican a vida”.

Finalista: Viaxe interior de Óscar Santos Vázquez

“Mirar cara os adentros, máis alén das nosas profundidades, ata atopar a saída a un mundo descoñecido: A esa persoa chea de soños, a cal tiñamos olvidada polo estrés diario e o medo aos estigmas sociais e reaprender a fixarnos no máis importante: Os momentos que vivimos e viviremos cos nós mesmos e cos nosos seres queridos”.