Hoxe queremos falarvos da última novidade no noso Programa de Emprego: os obradoiros de xardinería. Estes obradoiros forman parte do noso Programa para a Prevención e Abordaxe da Exclusión Social das Persoas con Enfermidade Mental, que é posible grazas a financiación dos Programas de Cooperación da Xunta de Galicia, e que terá lugar ata finais de 2023. Trátase de ofrecer formación práctica e gratuíta en xardinería para mellorar a empregabilidade e a competencia das persoas diagnosticadas de calquera enfermidade mental. Isto facilita a adaptación do currículum ao mercado laboral da zona, formando ás persoas participantes nun sector con moita demanda de traballadores e traballadoras.
Se estás interesado en participar ou obter máis información sobre os nosos programas podes contactar con nós.



