Albores estivo presente nun coloquio organizado pola Asociación FEMForte sobre Mulleres e Diversidade Funcional. A nosa compañeira Olalla García, traballadora social de Albores, estivo a falar sobre a discriminación que sofren as mulleres con enfermidade mental e a labor que realizamos dende a asociación con este colectivo. Moitas grazas a FEMforte e ao resto de entidades que participaron (ACADAR, ONCE e Asociación Prodeme) por facer posibles estes actos que poñen o foco en temas tan relevantes.
